
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Santa Comba
Parroquia: Mallón (San Cristovo)
Lugar: Campo da Festa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos con voo e pedestal cuadrangular con símbolos da paixón: caveiras, serpe, salamántiga e tibias en X. O varal é octogonal comezando en cadrado e cos paramentos recadrados. Ten símbolos da paixón: Lanzas en X, corazón con cravos, tenaces, soga, martelo, escada e disciplina. Ten unha imaxe de San Antón de Padua acubillada nunha fornela. O capitel é cilíndrico con astrágalo circular e liso. Ábaco de lados curvos e vértices achafranados. Ademais ten flor de lis, orlas vexetais, cabezas de anxo con ás e custodia. A súa cruz é circular, leñosa con nós. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans abertas e pé dereito sobre o esquerdo. O brazo esquerdo da cruz está roto collendo a mán esquerda do Cristo. Cabeza ladeada á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar sobre unha peaña e coas mans en cruz sobre o peito. O cruceiro é todo de granito cun estado regular de conservación.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume III. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SANTACOMBA/documents/0356CA008.PDF (Páx. 13).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.018803016747Lonxitude: -8.8709826278547
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Mar 24, 2020
Engado a seguinte referencia web deste cruceiro:
http://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/Web/1507707.html