Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Santa Comba
Parroquia: Mallón (San Cristovo)
Lugar: San Cristovo de Mallón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Século XIX,
Descrición:

Igrexa de orixe románica, de planta de salón, cunha soa nave, capela maior rectangular e unha sancristía apegada ó muro norte. A capela maior é, sen lugar a dúbidas, o elemento arquitectónico máis antigo do conxunto, cóbrese cunha bóveda de canón reforzada por un arco de medio punto, lixeiramente apuntado e dobrado que permite o acceso á ábsida. Marca a transición litúrxica entre os dous espazos do interior, o presbiterio e maila nave. Ámbolos dous arcos apóianse sobre capiteis con decoración vexetal.
A fachada principal sae da tipoloxía habitual dasoutras igrexas deste concello, xa que non responde ó típico esquema pentagonal. Construíuse en cachotería con cantería nas esquinas e vans. Expón un remate graduado de forma crecente. No eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta rectangular alintelada e enmarcada igual coa xanela rectangular sobre o ingreso que dá luz ó coro interior. Máis arriba, a esfera dun reloxo marcando as horas. Remata nun pavillón de planta cadrada coroado por un chapitel. Esta fachada evoca propostas da arquitectura civil de finais do século XIX.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Camariñas, Mazaricos, Santa Comba, Vimianzo e Zas”. Volume X. Deputación Provincial da Coruña, 1998.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SANTACOMBA/documents/0356CA008.PDF (PP.12-13).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.018482047955
Lonxitude: -8.8707225194641
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84