
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Santa Comba
Parroquia: Alón (Santa María)
Lugar: Alón de Abaixo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa de planta de salón, cunha soa nave dividida en tres tramos e coa capela maior de igual anchura ca nave. A cuberta efectúase a tres augas na nave e a unha na sancristía que está apegada ó muro norte.
O interior está cuberto con bóveda de crucería na cabeceira e con bóveda de canón na nave central. Un coro alto aparece aos pés da nave, onde está o acceso ó campanario.
A fachada, a diferencia doutras do contorno, organízase a xeito dun gran retablo, cun pano central enmarcado por dúas pilastras, de escaso resalte, e rematado por un frontón curvo, sobre o que se dispuxo un campanario de planta cadrada formado por dous corpos. A fachada no seu eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta rectangular alintelada e moldurada. Sobre o ingreso unha fornela en arco de medio punto con piares moldurados na que ten no seu interior unha imaxe de Santa María. Máis arriba, unha xanela rectangular abucinada e logo, como dixemos, a base do campanario de planta cadrada formada por dous corpos. O primeiro sobre a base cuadrangular, formado por catro arcos de medio punto. O segundo corpo, unha cúpula bubosa que está coroado por un pináculo con bóla e unha cruz de forxa.
O influxo de Simón Rodríguez non só se aprecia no campanario, senón que o advertimos tamén na gramática ornamental das molduras en forma de “C” da porta e da fornela.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Camariñas, Mazaricos, Santa Comba, Vimianzo e Zas”. Volume X. Deputación Provincial da Coruña, 1999.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SANTACOMBA/documents/0356CA002.PDF (pp. 1-3).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.00834494839Lonxitude: -8.8333905664664
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84