Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Santa Comba
Parroquia: Alón (Santa María)
Lugar: Alón de Abaixo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de dous chanzos e pedestal cuadrangular con símbolos da paixón: Salamántiga, serpe, tibias en X e caveiras nos ángulos. Ten ademais unha inscrición pouco lexible. O varal é octogonal comezando en cadrado e cos paramentos recadrados. Ten símbolos da paixón: Lanzas en X, Cordón, tenaces, coroa de espiñas, corazón con cravos, martelo e escada. Ademais ten no paramento dereito unha figura de San Francisco no purgatorio acubillada nun fornelo, sacando co seu cordón as almiñas.
Ten un capitel octogonal con astrágalo octogonal e liso. Ábaco de lados curvos e vértices achafranados. Ademais ten volutas e caras. A súa cruz é circular, leñosa con nós e no seu anverso presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans pechadas e pé dereito sobre o esquerdo. Cabeza ladeada á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe en actitude de orar sobre unha peaña e coas mans en cruz sobre o peito. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume III. Deputación Provincial da Coruña, 1999.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SANTACOMBA/documents/0356CA002.PDF (Páx. 2).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Pois diriamos que si por atoparse nun cruce de camiños, e como xa sabemos, hoxe en día, e moi doado ter un accidente cunha maquinaria e tiralo abaixo. Cando menos debería ter algunha protección no seu perímetro.


Onde está localizado

Latitude: 43.008279009558
Lonxitude: -8.8337157113618
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84