Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Santa Comba
Parroquia: Castriz (San Pedro)
Lugar: Xallas- Campo da festa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cuadrangular con chafráns, cos paramentos recadrados. No paramento do anverso ten a imaxe de San Pedro, seguindo o paramento cara á dereita, ten a imaxe dunha mártir, no do reverso a imaxe de Santiago Peregrino e por último a imaxe da Virxe pregando. O varal é cadrado con chafráns comezando en cadrado cos paramentos recadrados e remata tamén en cadrado. Ten un capitel cuadrangular con astrágalo cuadrangular e liso. Ábaco de lados curvos e vértices achafranados. Ademais ten volutas, follas de acanto, cabezas de anxo con ás e custodia. A súa cruz é leñosa con nós e polo anverso dela presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans pechadas e pé dereito sobre o esquerdo. Inclina a cabeza cara á dereita cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Piedade sobre un pedestal co Cristo no seus brazos. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume III. Deputación Provincial da Coruña, 1999.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SANTACOMBA/documents/0356CA003.PDF (Páx. 8).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.073773077088
Lonxitude: -8.7751588812154
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84