Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Malpica de Bergantiños
Parroquia: Malpica (San Xulián)
Lugar: Praza do Cruceiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma octogonal dun chanzo e pedestal octogonal rematado cun bocel e mediacana. O seu varal é octogonal e a dous terzos de altura, ten unha imaxe San Xulián. Ten un capitel octogonal con astrágalo octogonal e liso. Ábaco de lados curvos e vértices achafranados. Ademais ten volutas, follas de acanto e frores. A súa cruz é rectangular e presenta no seu anverso a Cristo Crucificado con tres cravos, mans abertas e pé esquerdo sobre o dereito. Ten a cabeza caída cara adiante cunha coroa de espiñas e un pergamiño coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Ós pés de Cristo ten dúas imaxes de xeonllo pregando. Polo reverso da cruz fica a Piedade co Cristo en brazos. Cruceiro todo de granito cun moi bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume III. Deputación Provincial da Coruña, 1999.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.32410973405
Lonxitude: -8.8092765468642
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84