
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa, Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado, Reitoral, Cruceiro, Camposanto,
Concello: Noia (comarca) / Outes
Parroquia: O Freixo (San Xoán)
Lugar: Piñeiro
Outra denominación do ben: Parroquial do Freixo
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Trátase do Conxunto parroquial de San Xoán de Sabardes situado na parroquia do Freixo e composto pola igrexa parroquial e casa reitoral (que antigamente foi convento dependente de San Martiño Pinaro de Compostela, ostentando o escudo da orde) con cemiterio e cruceiro.
A igrexa está formada por unha única nave de forma rectangular, cuberta cunha bóveda de canón que descansa sobre muros de cachotería con dúas xanelas a cada lado. Na cabeceira do templo está a capela maior de superior altura que o resto do templo e a que se accede mediante un arco triunfal, estando cuberta a catro augas con pináculos nas esquinas e tendo no lateral dosada a sancristía de planta cadrada e cuberta a tres augas. Na fachada destaca a torre campanario dosada no lado esquerdo, de planta cadrada e dividida en tres corpos profusamente decorados con molduras e pináculos, xunto cun reloxo ca data 1998.
Situado á dereita do templo atópase a casa reitoral que data de finais do seculo XVII e primeiros do XVIII, de planta irregular e con varias edificacións de pequeno tamaño anexas á mesma, cuberta con tella do país a dúas augas destacando unha gran cheminea de cantería de forma rectangular decorada con pináculos. Atópase en desuso dende o ano 1987.
O cemiterio rodea á igrexa e componse de sepulturas alternadas con fermosos panteóns de cantería que destacan pola súa fermosura.
O cruceiro atópase ao fronte do templo e componse de dúas gradas e unha base que sosteñen un fuste octogonal de aproximadamente dous metros cuberto polo capitel que ten labrados nos seus laterais caras de anxos. A cruz ostenta no seu fronte a imaxe do Crucificado e no adverso a imaxe da Virxe.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
SORALUCE BLOND, José Ramón e FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Xosé: «Arquitecturas da Provincia da Coruña, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son».
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA011.pdf
(CASA REITORAL)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OUTES/documents/27506CA014.pdf
(IGREXA)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Debido á falta de uso da casa reitoral sería preciso unha intervención destinada a súa conservación.
Onde está localizado
Latitude: 42.7992048643Lonxitude: -8.94909381866
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




