
Outra fotografía:

Tipo de ben: Reitoral,
Concello: A Laracha
Parroquia: Golmar (San Bieito)
Lugar: O Igrexario
Outra denominación do ben: Pazo de Golmar
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Edificio de planta rectangular, con dúas alturas e muros de cachotería de bo tamaño. Posúe cuberta a dúas augas con cubrición de tella curva do país. Os linteis e xambas dos vans son de cantería granítica.
A fachada central organízase ao redor dunha porta central alintelada, con dous óculos franqueándoo e dúas xanelas rectangulares aos lados . A xanela disposta á dereita da porta foi convertida en portalón.
No piso superior dispóñense catro xanelas e un escudo enriba da porta.
Na fachada posterior mantén as xanelas do piso de enriba, e na parte baixa, no que foron as cociñas noutro tempo, só hai catro pequenas troneiras.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
A Casa Reitoral restaurouse e musealizóuse para albergar o Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte, converténdose nunha referencia sobre esta temática no norte de Galicia.
Por medio de fotografías, mapas, documentos, textos e pezas de muíños, pódense coñecer os diferentes tipos que existen en Galicia e diferenciar entre muíños de canle, cárcavo, cubo e acea.
Ademais das obras de musealización do edificio, tamén foi acondicionado toda a súa contorna, incluíndo a rehabilitación do hórreo e a creación dunha área de descanso equipada cun parque infantil e unha ampla zona de aparcamento.
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/LARACHA/documents/0199CA005.PDF
http://www.concellolaracha.com/turismo/directorio.php?id=6&idioma=es&sec=70
http://www.turismo.gal/ficha-recurso?langId=es_ES&cod_rec=280378282&ctre=167
https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2016/06/centro-de-interpretacion-dos-muinos-da_13.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.222581906566Lonxitude: -8.578091953373
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84