Outra fotografía:

Tipo de ben: Ponte,
Concello: A Estrada
Parroquia: Santa Mariña de Ribela
Lugar: Entrecastrelo
Outra denominación do ben: Presa/Acueduto de Leira
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Ponte/acueduto dun só ollo de medio punto cuns 5 metros de altura. A fábrica é de mampostería de boa calidade para a suposta categoría da obra.
Ademais da construción principal, o conxunto consta dunha presa que río arriba desvía a auga para unha canle, conducíndoa ata o acueduto que a pasa para a marxe dereita do rio. A auga continua por outra canle durante varios quilómetros, levándoa ata as terras de cultivo da aldea de Parada. Parece que na actualidade ainda segue en uso pola comunidade de regantes da zona.
O acueduto tería ademais uso como ponte, xa que a canle está cuberta por lousas (na actualidade fáltanlle moitas), aínda que a estreiteza do conxunto só permitiría transitar a persoas ou bestas.
Foi mandado construír a mediados do século XVIII por Baltasar de Leira y Castro (de aí lle ven o nome á ponte), quen foi propietario das cercanas Casa dos Muros e da Casa Grande de Parada, coa finalidade de abastecer de auga as súas terras de cultivo.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:

Nas inmediacións da ponte atópamos grande cantidade de “marmitas de xigante” e pequenas covas, coñecidas como a Cova dos Mouros, a Artesa dos Mouros e o Forno dos Mouros, polo que cabe supoñer que sobre a zona hai moitas lendas de mouros e tesouros. Así da Cova dos mouros, as xentes din que podería ser un túnel que conecta o río Umia co Castro de Ribela ou Eira dos Mouros, situado a pouca distancia do lugar.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Na ficha do PXOM da Estrada correspondente a Cova dos Mouros (GA36017147) faise referencia a ponte: Descéndese ata o río Umia e séguese pola marxe dereita ata chegar ós restos dun acueducto moderno, coñecido como a Ponte de Leira, ó pé da cal se localiza o elemento.

Enlaces Web:
www.diccionariomadoz.com/ribela-sta-marina/Pontevedra/
www.galiciamaxica.eu/galicia/ponte-de-leira-acueducto-y-canal/
codeseda.com/presa-de-leira-parada-rivela-a-estrada-acueducto-rio-umia/
www.tabeirosmontes.com/a-casa-de-os-murosen-san-pedro-de-parada.html
www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2007/09/19/regantes-leira-decidiran-breve-aceptan-toma-agua-presa-traida-villa/0003_6153269.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O estado de conservación é malo e a estrutura da ponte/acueduto ten grande cantidade de maleza e filtracións de auga, que poderían chegar a facer colapsar a estrutura.
Na parte superior fáltanlle lousas quedando á vista a canle da auga, esto fai perigoso o camiñar por él.


Onde está localizado

Latitude: 42.63887
Lonxitude: -8.42935
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84