Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Malpica de Bergantiños
Parroquia: Malpica (San Xulián)
Lugar: Malpica
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Igrexa con nave rectangular central e dúas laterais, ás que se lle engadiron tres capelas e unha sancristía. Os muros son de carga, con cantería irregular, agás a fachada que presenta formas máis regulares.
A fachada de traza sinxela, está franqueada polas dúas capelas laterais que están máis recuadas coa fachada ofrecendo unha descontinuidade de superficies. Ó tempo, unha serie de pináculos con bóla fan do conxunto un todo no que os xogos de perspectivas vense acentuados a través da presencia de ocos xeométricos, cornixa e espadana. Esta fachada segue un esquema pentagonal e no seu eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal de acceso, rectangular e ornamentada con orelleiras. Sobre o ingreso ábrese unha xanela que proporciona luz ó coro. Rompendo o vértice da fachada, un corpo cunha base cuadrangular adornado con placas, para unha torre-campanario de dous corpos. O primeiro deles componse por catro machóns que dan abeiro a catro arcos de medio punto, peraltados, onde se sosteñen as tres campás dos anos 1811, 1896 e 1950. O segundo corpo, unha cornixa rematada en pináculos que dá paso a unha pequena cúpula de sección octogonal rematada por un pináculo con bóla e unha cruz de forxa.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso”. Volume V. Deputación Provincial da Coruña, 1998.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MALPICADEBERGANTINOS/documents/0207CA003.PDF (Páx-2).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.322493869634
Lonxitude: -8.8105330860396
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84