
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Malpica de Bergantiños
Parroquia: Cambre (San Martiño)
Lugar: Leixoada, Loutoño, Cambre
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa de planta basilical, composto por unha nave principal rectangular e un presbiterio de maior altura coa nave, ós que lle foron engadidas unha sancristía e unha pequena capela no muro norte. Os muros son de cachotería, revocada e pintada de branco, agás os esquinais, vans e fachada principal que presentan cantería. A cuberta é a dúas augas con cubrición de tella curva do país.
O interior presenta uns muros revocados agás o presbiterio. Ós pés da nave posúe un coro de madeira ó que se accede por unha escaleira de dous tramos. A nave principal presenta unha cubrición de cimbras de madeira, mentres que o presbiterio mostra unha estrutura abovedada.
No exterior, a fachada de traza sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal, rectangular e adovelada, ornamentada con orelleiras. Sobre o ingreso unha pequena fornela cuberta por unha bóveda de vieira, remarcada e ornamentada amodo de “C”. No seu interior acubilla a imaxe de San Martiño. Máis arriba unha xanela rectangular abucinada que dá luz ó coro. Rompendo o vértice da fachada, unha base rectangular para unha espadana de tres corpos feita de formigón. O primeiro corpo formado por dous arcos de medio punto onde se aloxan as campás. O segundo corpo, sobre unha cornixa franqueada por dous pináculos piramidais, tres arcos de medio punto e no derradeiro corpo, tamén sobre unha cornixa franqueada por dous pináculos piramidais, un frontón curvo cun arco de medio punto no seu centro. Este conxunto está coroado por un acroterio con bóla e unha cruz.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Cabana, Carballo, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica e Ponteceso”. Volume V. Deputación Provincial da Coruña, 1998.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MALPICADEBERGANTINOS/documents/0207CA003.PDF
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.282072312044Lonxitude: -8.7665031909587
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84