Outra fotografía:
Tipo de ben: Ponte,
Concello: Monterrei
Parroquia: Medeiros
Lugar: Medeiros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Singular ponte feita na súa maior parte por un penedo enorme que foi cortado dunha fraga na beira leste (vese o oco e o corte na fraga), duns sete metros de lonxitude, e apoiado nun afloramento que hai no medio do río de Soutobeía, deixando dous vans irregulares. Para achairar o taboleiro da ponte completáronse os ocos con cachotería e terra apisonada, quedando o aspecto actual.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Aínda que dificilmente poderase saber a cronoloxía exacta da ponte, é un lugar cheo de lendas e na propia ponte ocorren algunhas delas. Ademais a cercanía do Muro da Cidade (un castro que, posiblemente, tería tamén a súa importancia na época altomedieval) faría pensar que esta construción ten moitos séculos no lombo.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 41.904455906966Lonxitude: -7.5310947441219
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84