Outra fotografía:

Tipo de ben: Porto,
Concello: Muros
Parroquia: Serres (San Xoán)
Lugar: Anido
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Antigo peirao utilizado para o desembarco e amarre das embarcación que noutro tempo traían o peixe, sobre todo sardiñas, para a industria conserveira e de salgadura dos fomentadores cataláns. Nesta zona da ría, nas infraestruturas dun tempo en que o apoxeo deste tipo de industrias estaba en alza, aínda se poden ver as embarcacións tradicionais facendo o seu mantemento e usándoas como varadoiros . Como outros espallados pola ría, estes peiraos estaban feitos a base de perpiaños de granito, que a modo de dique, internábanse no mar para buscar o calado necesario para as embarcacións e poder realizar as tarefas necesarias para a industria conserveira. No libro “Muros. Ronsel de pedra, Espiral de mar” de Francisco F. Fernández Naval e Maribel Longuiera , falando deste lugar de Anido podemos ler : “Aquí decidiu asentar o seu almacén de salgado Venancio Romaní, exemplo de mala administración e de ruína e, quizais por amortecer a aceda lembranza da derrota, nun agarimo da historia, o lugar onde varaban as xeiteiras aínda é coñecido como enseada ou peirao de Venancio”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

X.Fernández Naval, Francisco. Longueira, Maribel. Muros:Ronsel de Pedra,Espiral de Mar
ED. Deputación Provincial da Coruña, ISBN 84-95950-42-1. A Coruña 2003


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7856850372
Lonxitude: -9.05892491341
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84