Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Xermade
Parroquia: Roupar (San Pedro Fiz)
Lugar: Adro da igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Cruceiro de tipo de tipo “De Crucifixo” con plataforma cuadrangular de tres chanzos e cunha mesa acaroada pola parte do anverso. O pedestal composto de varias pezas, ten unha gran escocia e unha peza cuadrangular cunha mediacana enriba. O varal é octogonal comezando e rematando en cadrado. Nos paramentos recadrados de abaixo amosan os símbolos da paixón: Martelo, coroa, tenaces, escada e disciplina. Ten un capitel cuadrangular con caras de anxo con ás. A súa cruz é octogonal con remates florenzados e botón central. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans abertas e pé dereito sobre o esquerdo. Cabeza ergueita cara adiante cunha coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Piedade co Cristo en brazos. Cruceiro todo de granito cun bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.422488023999
Lonxitude: -7.7650383415833
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84