Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Sada
Parroquia: Carnoedo (Santo André)
Lugar: Lugar da Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Igrexa parroquial de planta rectangular dunha soa nave, capela maior e sancristía. Os de tres volumes están diferenciados en altura, a nave principal, a capela maior que se eleva en altura, e a sancristía nun corpo baixo, na parte posterior. A estrutura resólvese mediante muros de carga de cachotería enfuscada, e cantería á vista en esquinais e ocos. A cuberta fórmase a dúas augas sobre a nave, a catro augas sobre o cruceiro e a dúas augas sobre o volume acaroado na parte posterior, todas elas con tella curva do país.
A fachada principal de traza sinxela, presenta un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal de acceso con arco rebaixado mostrando unha figura esculpida dunha custodia coroada cunha cruz sobre a clave do arco. Sobre o ingreso un perpiaño rectangular cunha inscrición: “ANO DE 1870 / PAROCO DN / BOLTASAR / CANLE I SOUTO”. Máis arriba unha xanela rectangular e rompendo o vértice do pentágono, unha base para unha espadana franqueada por dous pináculos piramidais. A espadana consta de dous corpos, o primeiro formado por arcos de medio punto que descansan sobre piares e serven pra aloxa-las dúas campás elaboradas en Mondoñedo. O segundo corpo, un frontón triangular lixeiramente curvo sobre cornixa, cun oco vertical e arco de medio punto. Ornaméntase mediante tres pináculos piramidais rematado cunha bóla, o central cunha cruz superior de forxa.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– SORALUCE BLOND, J.R.; FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Arteixo, Bergondo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada”. Volume I. Deputación Provincial da Coruña, 1995.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SADA/documents/28089ca001.PDF (Páx-2).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.375132072573
Lonxitude: -8.2651146313465
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84