Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Sada
Parroquia: Carnoedo (Santo André)
Lugar: O chan da aldea
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Capela de planta rectangular e unha soa nave con cabeceira recta e pequenas dimensións. Os paramentos atópanse enfuscados e pintados, os esquinais e marcos de ocos resólvense mediante molduras de cemento pintadas noutra cor. A cuberta fórmase a dúas augas con chapas de fibrocemento. Trátase dun templo de gran sinxeleza e austeridade ornamental.
A fachada principal presenta un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta de acceso alintelada con arco ornamental de medio punto superior, unha pequena xanela con arco de medio punto abucinado e a espadana enfuscada e pintada. Consta dunha cornixa horizontal sobre a que se elevan nos esquinais pináculos ornamentais. Enriba sitúase outra cornixa en posición central onde se apoian dous pináculos laterais e a espadana constituída por dous machóns unidos por un arco apuntado con campá. O remate realízase mediante un frontón triangular sobre cornixa, cun oco trilobulado. Nos laterais sitúanse dous sinxelos pináculos e unha cruz de forxa central.
Debaixo da base da espadana ten a seguinte inscrición: “AÑO DE 1922 / CAPILLA DE SAN MAME / A LA UNION DEL PUEBLO”.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SADA/documents/28089ca001.PDF (Páx.-10).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.372427797507
Lonxitude: -8.2695998550751
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84