
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Sada
Parroquia: Osedo (San Xián)
Lugar: Osedo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Igrexa parroquial de planta rectangular dunha soa nave, capela maior a menor altura que a nave principal e unha capela de menor altura acaroada ó muro sur. A estrutura resólvese mediante muros de carga de cachotería enfuscada e pintada de branco. A cuberta fórmase a dúas augas con chapa de fibrocemento.
A fachada de traxa moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta de acceso rectangular alintelada. Sobre o ingreso vai unha xanela rectangular. Rompendo o vértice da fachada, unha base para unha espadana de dous corpos sobre a cornixa. O primeiro corpo formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e serven pra aloxa-las dúas campás. O segundo corpo, un frontón curvilíneo sobre cornixa, franqueado por dous pináculos con bóla, e rematado por outro pináculo moldurado cunha cruz de forxa.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SADA/documents/28089ca001.PDF (Páx. 6).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.341001544617Lonxitude: -8.2806311174534
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84