Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Sada
Parroquia: Mosteirón (San Nicolau)
Lugar: A Esperela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Igrexa parroquial de planta rectangular dunha soa nave cunha capela de menor altura acaroada ó muro sur da nave. A estrutura resólvese mediante muros de carga de cachotería enfuscada e pintada de branco, e cantería á vista ó redor dos ocos. A cuberta fórmase a dúas augas sobre a nave e sobre a capela, con chapa de fibrocemento.
A fachada principal de traza moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta de acceso rectangular alintelada. Sobre o ingreso vai un oco semicircular e, rompendo o vértice do pentágono unha base para unha espadana de dous corpos. AO primeiro corpo está formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e que serven para alberga-las campás. O segundo corpo fórmao un frontón curvilíneo sobre cornixa, cun óculo e remate superior mediante pináculo e cruz de forxa.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/SADA/documents/28089ca001.PDF (Páx.5).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.350516295632
Lonxitude: -8.2911321821823
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84