Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa, Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Muros
Parroquia: Louro (Santiago)
Lugar: Rúa Camiño do Convento
Outra denominación do ben: Convento de Louro
Cronoloxía: Época Altomedieval, Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:

Situado ás aforas da Vila de Muros, na parroquia de Louro. A primeira constancia dunha edificación data do ano 1223, pero posiblemente sexa anterior. No ano 1432 a capela románica de Santa Mónica do Rial pasa a ser convento grazas a unha bula papal de Eugenio IV na que concedía indulxencias por visitar a capela en certos días. Nun principio os monxes vivían en “observancia” como consta nos acordos forais do ano 1475, pero tamén predicaban “sermóns cuaresmais” na próxima Vila de Muros, segundo documentos do ano 1583. Albergou a grandes persoas como Fray Antonio de Acuña a quen lle debe a súa gran biblioteca, Fray Juan de Muros ou Fray Arias de Fresno, quen morreu no convento debido a ser el o encargado voluntario de coidar os apestados, contraendo el a enfermidade e sendo sepultado dentro da igrexa aos pés do altar maior. A súa fundación atribúese segundo Ramón de Artaza ás xentes da Vila de Muros basándose en varios documentos que así o certifican, como un do ano 1820 no que a Audiencia Nacional do Reino pide un inventario ao concello no que o convento aparece como fundado polos da Vila, e así como no ano 1810 cédenselle as chaves do mesmo durante as procesións da Semana Santa para que as porte o ilustre Gaspar de Jovellanos. A súa pasada importancia queda así revestida, tamén nas múltiples terras, sendas e pensións vendidas na desamortización, así como nos múltiples testamentos que o largo da súa historia (1435, 1563, 1751, 1875, etc). Tras varios anos de inactividade no que é vendido, case desaparece, e grazas ao señor García Pan, quen o cede xunto cun gran piñeiral, voltando a mans dos Franciscanos, quen con axuda dos veciños voltan a darlle vida construíndo o viacrucis para conmemorar o feito, iniciativa do P. Coll. Durante os primeiros anos do século pasado desempeñou a función de Escola Seráfica até que foi trasladada ao convento de Herbón en Padrón.
O mosteiro encóntrase hoxe en día totalmente reconstruído e non conserva as antigas dependencias monacais de estilo gótico. A fabrica é sinxela e destaca o claustro de escasa altura e dimensións, nun estilo sobrio, típico nas construcións galegas, con arcadas de medio punto sobre columnas cadradas, nun dos laterais unha inscrición: “Este paño de claustro hizo bastian baçar y su muger Margarita Perez, año de 1646”; atopándose o claustro presidido por un fermoso cruceiro. Dentro do recinto amurallado do convento que cubre 75.000 metros cadrados atópase un bosque de pino cruzado por un regueiro, así como as instalacións monacais xunto cun cemiterio, restos de petróglifos, un muíño, fontes, etc… A dia de hoxe acolle, a parte das funcións relixiosas, un cámping e un hostal.
A igrexa conserva a fábrica de estilo oxival, con arco triunfal columnas e capiteis. A planta ten a capela maior na cabeceira, de menor ancho e destacada ao exterior pola menor altura; volumetricamente, destaca unha torre campanario, engadida na fachada, de estilo escéptico e anodino.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalResidencialHosteleiroOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Soraluce Blond, José Ramón. Fernández Fernández, Xosé: «Arquitecturas da Provincia da Coruña, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son».

Artaza Malvárez, Ramón. Historia de Muros y su distrito 2ªedicion

López, Atanasio: Nuevos estudios crítico-históricos acerca de Galicia. CSIC


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7631792118
Lonxitude: -9.07407402992
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84