Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Monterroso
Parroquia: Tarrío (Santa María)
Lugar: Tarrío de Buxergos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Esta igrexa, como moitas das rurais de Monterroso dedicadas á Virxe María, revelan unha temperá cristianización e aínda que a actual é de trazas románicas, especúlase que foi construída no lugar doutra anterior prerrománica de finais do século VI, principios do VII.

É unha das poucas conservadas na súa integridade orixinal románica. Tan só en época moderna engadiuse a sancristía, á beira norte do presbiterio e substituíuse a espadana.

A súa fábrica remóntase a finais do século XII e principios do XIII. A planta é rectangular, cun presbiterio cadrado. Os muros que o conforman son principalmente de cantería de granito, agás a sancristía que é de factura posterior. A cuberta é de tella a dúas augas.

Loce canzorros de decoración xeométrica, a maioría en proa de barco, con bidóns, tacos de damero, e máis obxectos.

A nave conserva dúas seteiras a cada lado, e a ábsida, unha no flanco dereito.

O frontispicio ten unha entrada con arco de medio punto, formado por dúas arquivoltas, con dous pares de columnas acobadadas con fustes monolíticos e capiteis de decoración vexetal variada. O tímpano é liso e descansa en xambas lisas sobre mochetas. Abriga o característico derrame interior en forma de abovedado arco de medio punto. Sobre a portada a troneira, típica do románico. Decoran a fronte da arquivolta menor dous molduras baquetonadas ás que segue unha axedrezada. A maior é adornada cun groso baquetón no ángulo, seguido dunha lisa escocia.
A espadana foi reformada e posúe un só campanil.

Conserva unha pía bautismal prerrománica á que na actualidade se dotou dun pé.

O templo está cinguido en case a súa totalidade, menos a parte na que se sitúan os actuais nichos, por un admirable muro de cantería, sobre o que se acomodan unhas cruces, a modo de viacrucis, ou tamén tratado como “vía dolorosa”, presidida por un cruceiro sinxelo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta: RI.000019805
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB:
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/

NNSS Concello de Monterroso (Pax 3 do PDF)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MONTERROSO/documents/0619CA001.PDF

https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/23770/igrexa-parroquial-de-santa-maria-de-tarrio?langId=es_ES&tp=8&ctre=31

BIBLIOGRAFÍA:
– DELGADO GÓMEZ, Jaime: “El románico de Lugo y su provincia”. Edinosa, S.L. 1996


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.85216
Lonxitude: -7.82479
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84