
Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Monterroso
Parroquia: Fente (San Martiño)
Lugar: Fente
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
A igrexa románica sufriu algunhas modificacións que afectaron a estrutura primitiva datada na segunda metade do século XII. Como a fachada, déronlle elevación á nave e á ábsida. E o engadido da sancristía, que rompe a harmonía da edificación orixinal, na que quedarían algúns dos canzorros románicos tras o levantamento das paredes.
Os muros son de cachotería e cantería de granito. Cuberta de tella a dúas augas.
Nas paredes do lenzo sur hai duas seteiras.
A porta principal, oculta no seu maior parte polo novo muro do frontispicio, é alintelada trala reforma que deixou o tímpano encaixado sobre mochetas. A espadana dun só van, tamén está reaproveitada da orixinal románica, cando se lle deu maior altura.
O tímpano descansa sobre mochetas cortadas en forma de proa de barco. O lintel está bilobulado por dous arcos cegos. No centro do devandito tímpano, está incisa unha cruz afundida de brazos iguais e arcos soltos igualmente afundidos.
Conserva na ábsida, que se elevou como o resto do edificio, unha xanela que perdeu as columnas, quedando á vista unha arquivolta con decoración de axedrezado.
No interior tamén conserva elementos románicos de gran valor, como os capiteis do arco triunfal.
No seu camposanto, ao redor da igrexa, destacan uns antigos sepulcros pertencentes á casa Grande de Fente, de 1766.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta: RI.000019691
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB:
NNSS Concello de Monterroso (Pax. 3 do PDF):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MONTERROSO/documents/0619CA001.PDF
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/5425/igrexa-parroquial-de-san-martino-de-fente?langId=es_ES&tp=8&ctre=31
BIBLIOGRAFÍA:
– DELGADO GÓMEZ, Jaime: “El románico de Lugo y su provincia”. Edinosa, S.L. 1996
– “Arte románico en el Golfo Ártabro y el oriente Coruñés”. Tese Doutoral de Mª del Pilar Carrillo Lista. 2005:
https://minerva.usc.es/xmlui/handle/10347/9516
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.76109Lonxitude: -7.82795
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84