Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño, Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Frades
Parroquia: Céltigos (San Xulián)
Lugar: Campoduro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Este espazo natural situado no lugar de Campoduro, na parroquia de Céltigos, ten como característica o seu muíño e a canle totalmente limpa e acondicionada que chega ata o mesmo. Este muíño foi restaurado completamente e conta con todas as súas pezas orixinais, permitindo na época de choiva que se poña a funcionar.Ten muros de cachotería, agás os marcos da porta, que son de cantería. Cuberta a unha auga.
Ademais, para o seu acceso, conta con un fermoso sendeiro de pedra e unha ponte de madeira que salva o río Maruzo. Igualmente agraciada é a fervenza que forma a auga desaproveitada polo muíño no seu estado de inactividade.
O espazo natural, envolto por unha carballeira na contorna do río, tamén está acondicionado con bancos que permiten o descanso e a contemplación da naturaleza.


Fotogrametría:

Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB:
Catálogo do PXOM do concello de Frades:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/FRADES/documents/28100ca004.PDF

https://frades.gal/lugar/muino-de-celtigos-celtigos-


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.0393
Lonxitude: -8.22474
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84