Outra fotografía:

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Val do Dubra
Parroquia: Rial (San Vicente)
Lugar: Malvares
Outra denominación do ben: Castro de Ramona
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:

O castro de Malvares está formado por dous recintos, unha ampliación cara ó norte máis pequena e redonda (parcialmente destruída) e o recinto do castro propiamente dito, máis alongado. O castro sitúase no borde da meseta do Xallas cara o val do río Dubra polo que as vistas e a pendente na vertente leste do castro son bastante impresionantes e acentuadas. Posúe un parapeto na parte oeste bastante considerable en altura. Na actualidade tamén está parcialmente derrubado.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalAgrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

O castro de Malvares atópase en grave risco de desaparición. Pese a estar catalogado e recollido no PXOM (en tramitación) as agresións ó mesmo son constantes. Os parapetos do recinto anexo están destruídos pola ampliación dunha leira e o parapeto oeste do recinto principal foi parcialmente eliminado cunha pala a pesar da súa monumentalidade.


Onde está localizado

Latitude: 43.041006062948
Lonxitude: -8.7105815733089
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84