Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...), Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Val do Dubra
Parroquia: Rial (San Vicente)
Lugar: Malvares
Outra denominación do ben: O Gandarón
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
O campo de mámoas de Malvares está formado aparentemente por catro mámoas coñecidas que se sitúan nun eixo norte-sur ó longo da meseta do Xallas, no límite entre o concello de Santa Comba e Val do Dubra. A mámoa situada máis ó norte foi derrubada para a construción dunha casa e unha escola. A seguinte mámoa, en dirección norte-sur atópase encaixada entre dous camiños. Conserva o burato de profanación. Da terceira mámoa (foto), apenas se conserva unha leve elevación no terreo sen ningún vestixio pétreo. A última mámoa, a situada máis ó sur é a máis grande e a que presenta un mellor estado de conservación como se pode observar nos mapas LIDAR. No mapa de situación engado un círculo baldeiro do que pode ser unha quinta mámoa descoñecida ata o momento e que se observa relativamente ben no LIDAR.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: ForestalAgrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
O campo de mámoas de Malvares atópase en grave risco de desaparición. Das catro mámoas coñecidas só se conservan dúas en pésimo estado de conservación. A mámoa situada máis ó norte foi destruída para a construción dunha casa e dunha escola. A seguinte mámoa cara ó sur atópase entre dous camiños con grave risco de ser desfeita. A terceira recollida na foto é unha leve ondulación no terreo como único vestixio. A mámoa situada máis ó sur é a máis grande e é a que amosa un mellor estado de conservación como se observa no LIDAR.
Onde está localizado
Latitude: 43.038138231717Lonxitude: -8.7192164819838
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84