Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Monterroso
Parroquia: San Breixo (San Salvador)
Lugar: San Breixo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

O cruceiro componse de plataforma con dous chanzos de granito cuadrangulares, apoiándose en rochas do terreo. Base cúbica coroada por corpo troncocónico de perfil cóncavo. Fuste monolítico, prismático, de sección cuadrangular nos extremos, cun maior desenvolvemento do habitual e arestas achafranadas. Capitel moldurado, con tableta inferior de bordo recto, a central de bordo cóncavo e maior anchura, rematándose por outra tableta sobresaínte de borde recto.
Cruz latina, lisa, de sección octogonal.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

O cruceiro de Sambreixo está ben documentado nos libros parroquiais, que nos permiten coñecer a data de construción e mesmo o artifice. En 1779 “Se rebaja al cura a cuenta de lo que tiene en su poder 1 real y 22 maravedís que costo un azumbre de vino para los carreteros que trajeron la vara de un crucero para la iglesia”. No ano seguinte, 1780, faise o pagamento do cruceiro, cando se lle rebaixan a Domingo Antonio García, “34 reales que entrego a Ignacio lapidario, vecino de San Breijo, por hacer un crucero de piedra para la iglesia”. O mesmo canteiro traballa na porta do adro e nas sopenas da sancristía.


Referencias bibliográficas:

NNSS Concello de Monterroso (Pax. 5 do PDF):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MONTERROSO/documents/0619CA001.PDF

http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/

http://www.museolugo.org/revistas/artigos/Cruceiros%20Monterroso.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.78443
Lonxitude: -7.80171
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84