Outra fotografía:

Tipo de ben: Camposanto,
Concello: Santiago de Compostela
Parroquia: San Caetano (Santiago)
Lugar: Boisaca
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

As primeiras referencias sobre a construción dun camposanto en Boisaca datan de 1892, pero a precaria situación do Concello neses momentos non permitiu levalo á práctica. A idea retomaríase anos máis tarde, debido a que a epidemia de gripe fixo moi necesaria a súa execución.

Empezouse a deseñar en 1919 con planos do arquitecto municipal Mariano Fernández Ragel, pero non se inaugurou ata o 1 de marzo de 1934, non sendo bendicido ata o 26 de marzo de 1939. O primeiro enterramento realízase ás 9 da mañá do propio día de apertura, en concreto, o dun neno de Amio. Os problemas en Boisaca comezaron a un mes da súa apertura, debido á falta dun sistema de drenaxe, o que lle serviu o sobrenome de “a lagoa dos corpos” porque había tanta auga que os féretros flotaban.

No proxecto inicial, atravesaríase unha arcada para pasar ao antecemiterio, abríndose no proxecto final para acceder ao mesmo, dúas portas que flanquean a capela, sobre a que xa se realizarán reformas en 1923, non chegándose a inaugurar ata setembro de 1938.

O interior organízase a través dunha avenida central aberta no ano 1946, que actúa como eixe vertebral e dous corredores transversais. A estes espazos decorados con árbores, que inicialmente foron traídos do Paseo da Ferradura, asómanse panteóns e capelas funerarias. Detrás destes, sitúanse os enterramentos máis comúns, como son as inhumacións en terra e finalmente, contra os muros perimétricos do recinto, dispóñense os nichos e cinerarios.

Xunto aos arquitectos municipais de diferentes épocas que proxectaron obras en boisaca, como Mariano Fernández Ragel, José María Banet e Carlos Fernández Gago, este cemiterio de Boisaca destaca polo traballo desenvolvido por obradoiros locais. Marmolistas como Manuel Rey Carracedo, do Campo de San Domingos, Enrique Barral Barreiro, Manuel Silva López, da calle Lagartos, Vicente Eiroa, José Ferreiro Ameijeiras, ou Manuel Alende Ferro, de Ponte do Sar, deixaron pegada en Boisaca. Na actualidade, empresas como San Juan, Alende, De Río, Compostela, Fernández ou González seguen dotándoo de arte funeraria.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB:
http://santiagodecompostela.gal/medi/Baners/GuiaBoisaca.pdf

https://es.wikipedia.org/wiki/Cementerio_de_Boisaca


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.90761
Lonxitude: -8.516301
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84