Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cesuras / Oza dos Ríos
Parroquia: Madaio (San Xoán)
Lugar: Mandaio
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Igrexa parroquial de planta rectangular dunha soa nave, capela maior e sancristía. Os tres volumes están diferenciados en altura, a nave principal, a capela maior; máis estreita e a menor altura altura e a sancristía nun corpo baixo, apegada ó muro norte da capela maior. A estrutura resólvese mediante muros de carga de cachotería enfuscada, e cantería á vista en esquinais e ocos. A cuberta fórmase a dúas augas sobre os tres corpos, todas elas con tella curva do país. No muro lateral norte da nave ábrese una porta e un van de luz rectangular e nos piñóns do muro da ábsida e da nave hai sendas cruces xeométricas.
A fachada principal de traza moi sinxela, presenta un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante a porta principal de acceso rectangular alintelada. Sobre o ingreso unha xanela rectangular e rompendo o vértice do pentágono, unha base para unha espadana franqueada por dous pináculos con bóla. A espadana consta de dun corpo formado por un arco de medio punto que descansan sobre piares e serve pra aloxa-la campá elaborada en 1981. Remata o conxunto con tres pináculos con bóla e o central rematado cunha cruz de forxa.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.196371455153
Lonxitude: -8.199580013752
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84