Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cesuras / Oza dos Ríos
Parroquia: Filgueira de Barranca (San Pedro)
Lugar: O Igrexario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa parroquial de planta rectangular dunha soa nave, capela maior e sancristía acaroada ó muro norte. A estrutura resólvese mediante muros de carga de cachotería agás a fachada principal feita con pezas de cantería irregular. Teito con cuberta a dúas augas con tella curva do país nos dous corpos. Ábrese una porta rectangular alintelada e una seteira no muro norte da nave.
A fachada de traza moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta de acceso rectangular alintelada con molduras que sobresaen do plano da fachada. Sobre o ingreso vai una xanela rectangular con molduras que sobresaen do plano da fachada igual ca porta principal e, rompendo o vértice da fachada, unha base para unha espadana de dous corpos sobre a cornixa franqueado por un pináculo con bóla no lado esquerdo. O primeiro corpo formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e serven pra aloxa-las dúas campás elaboradas en Arcos da Condesa polos Ocampo. O segundo corpo, un frontón triangular curvilíneo moldurado e cun oco en arco de medio punto sobre cornixa, franqueado por dous pináculos moldurados con bóla, e rematado por outro pináculo moldurado con bóla e cunha cruz de forxa.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.160577830031Lonxitude: -8.1784804165363
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84