Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Cesuras / Oza dos Ríos
Parroquia: Bandoxa (San Martiño)
Lugar: Igrexario de Bandoxa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Crucifixo” con plataforma circular dun chanzo e pedestal cuadrangular con paramentos recadrados e rematado con chafráns. Ten un varal cuadrangular cun capitel cuadrangular con astrágalo cuadrangular e liso. Ábaco de lados curvos e vértices achafranados. Ademais ten volutas e follas. A súa cruz é cuadrangular cos brazos con chafráns. No anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans pechadas e pé dereito sobre o esquerdo. Cabeza lixeiramente ladeada á dereita cunha coroa de espiñas e una cartela coas siglas INRI. O pano de pureza vai suxeito cunha corda. Polo reverso da cruz fica a Piedade co Cristo nos brazos e sobre una peaña dun anxo con ás. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume III. Deputación Provincial da Coruña, 1999.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.206078402737
Lonxitude: -8.1439562519167
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84