Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cesuras / Oza dos Ríos
Parroquia: Salto (Santo Tomé)
Lugar: Igrexario de Santo Tomé de Salto
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Igrexa de estilo románico de finais do século XII e principios do século XIII, aínda que da primitiva construción só se conserva a fachada e parte da ábsida. De planta rectangular dunha soa nave e ábsida rectangular. O espazo entre a nave e o presbiterio divídese por un arco triunfal de forma lixeiramente apuntada. Teito con cuberta a dúas augas con tella curva do país.
A fachada moi interesante, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta de acceso en arco de medio punto. Sobre o ingreso vai unha xanela en arco de medio punto con dous pares de columnas que semella que pertenceron á antiga ábsida. Rompendo o vértice da fachada, unha base para unha espadana de dous corpos sobre a cornixa franqueado por dous pináculos piramidais. O primeiro corpo formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e serven pra aloxa-las dúas campás. O segundo corpo, un frontón triangular cun oco en arco de medio punto sobre cornixa, franqueado por dous pináculos piramidais, e rematado por outro pináculo cunha cruz de forxa.
Como noutras igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OZADOSRIOS/documents/0299CA005.PDF (Páx. 3).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.219301533033Lonxitude: -8.1964841740748
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84