Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Cesuras / Oza dos Ríos
Parroquia: Rodeiro (Santa María)
Lugar: Belen, A Graña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Templo de planta rectangular dunha soa nave e capela maior. A estrutura resólvese mediante muros de carga de cachotería agás nos vans e esquinais. Teito con cuberta a dúas augas con tella curva do país.
A fachada de traza moi sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta de acceso rectangular alintelada. Sobre o ingreso vai unha xanela cuadrangular que dá luz ó interior e, rompendo o vértice da fachada, unha base para unha espadana de dous corpos sobre a cornixa franqueado por dous pináculos piramidais. O primeiro corpo formado por dous arcos de medio punto que descansan sobre piares e serven pra aloxa-las dúas campás. O segundo corpo, un frontón curvilíneo moldurado e cun oco circular, franqueado por dous pináculos piramidais, e rematado por outro pináculo piramidal de maior tamaño.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/OZADOSRIOS/documents/0299CA004.PDF (Páx. 11).
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.171393332056Lonxitude: -8.0902255626653
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84