Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte, Lavadoiro,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Betán (San Martiño)
Lugar: Cardoeiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Conxunto formado por unha fonte máis un lavadoiro datados do ano 1.935. A fonte atópase nun depósito pechado feito con pezas de cantería de dimensións 2,80 x 1,70 m, que comunica co lavadoiro situado nun nivel máis baixo do terreo. O lavadoiro presenta unha pía cadrada de dimensións 3,20 x 3,20 m, feita con paredes de cantería de pouca altura, conta con pedra inclinada para refregar a roupa ao longo de todo o perímetro, salvo nas esquinas onde ten pousadoiros para as tinas.
Ademais de estes dous elementos, conta con dúas pías para que beba o gando, na zona do nacemento da auga. Nun lateral da fonte ten unha bomba manual.

Atópase nunha franxa de terreo estreito e inclinado, situado entre o muro de pedra que pecha unha finca e un camiño. Nunha zona con terreos adicados ao cultivo. En saída da aldea á estrada.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.concellodemolgas.es/gfx/Blog/files/PXOM/11_CATALOGO/CATALOGO%20POR%20PARROQUIAS/BETAN.pdf (Pax.55)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.248479
Lonxitude: -7.71677
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84