Outra fotografía:
Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Tui
Parroquia: Tui (O Sagrario)
Lugar: Rúa Ordóñez
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
O que podemos ver aquí é o que queda da antiga sinagoga localizada no centro da vila de Tui e que pode ter o seu inicio nos séculos XII ou XIII.
Os restos nos deixan ver unha edificación feita en cantaría granítica, con baixo e primeiro andar. Tiña dúas funcións: ser o centro de reunións da comunidade, e ser lugar culto e de estudo da Torá.
No ano 1492 a sinagoga deixará de usarse como lugar de culto e pasará a ser unha vivenda.
A derruba parcial da muralla da vila (http://patrimoniogalego.net/index.php/43271/2013/05/muralla-medieval/) para a construción da residencia dos Sarmiento-Celaya en 1861 permitiu conservar o patio da sinagoga medieval, o único existente en Galicia.
Existen varias referencias bibliográficas que mencionan á sinagoga:
* Varios documentos do século XVI que falan do uso deste lugar como cabalerías.
* Outros documentos do século XVI mencionan o que posiblemente era o mikvé (pía de auga onde se realizan os baños de purificación que prescribe o xudaísmo) que foi destruído posteriormente.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.047166095426Lonxitude: -8.6445606719229
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84