Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Carballo
Parroquia: Razo (San Martiño)
Lugar: Trebello, Nétoma, cemiterio.
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX, Século XXI,
Descrición:

Cruceiro de tipo “De Cruz” con plataforma de dous chanzos e pedestal cúbico con chafráns. Ten un varal cadrado con chafráns, con adornos nos chafráns. O capitel é cuadrangular moldurado que soporta unha cruz octogonal con remates florenzados. O cruceiro é todo de granito cun bo estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

Este cruceiro semella, con case toda seguridade, que é o que catalogou Luis Martín Ruiz no seu libro “Cruceiros na provincia da Coruña” na páxina 505. A fotografía do libro está máis ou menos a mesma distancia. No libro di que ten unha plataforma cuadrangular dun chanzo e pedestal cuadrangular con remates en chafráns. No pedestal tiña unha inscrición: “… 1880 …”. Este cruceiro semella que foi trasladado moi perto do seu lugar orixinal ou reformado o seu entorno e, fixéronlle unha nova plataforma e novo pedestal, ou este último repicárono, perdéndose así a súa inscrición.


Referencias bibliográficas:

– MARTÍN RUIZ, L.: “Cruceiros na provincia da Coruña”. “Cruceiros na provincia da Coruña”. Volume I. Deputación Provincial da Coruña, 1999.

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/CARBALLO/documents/27981ca016.PDF (Páx.37).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.279917846877
Lonxitude: -8.7140564338638
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84