Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Paderne
Parroquia: San Pantaleón das Viñas (San Pantaleón)
Lugar: Montecelo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Edificación relixiosa do século XII con posteriores modificacións a finais do século XVIII, feita a base de cantaría granítica. Presenta planta rectangular dunha soa nave e cuberta a dúas augas con tella curva do país agás na cabeceira da nave (a parte máis recente) con cuberta a catro augas e muros enfoscados. Nun dos laterais vemos a sancristía.

A fachada principal, de época románica, presenta portada románica con dobre arquivolta de bocel e 10 arquiños de medio punto e tímpano liso calado que se apoia sobre mochetas esculpidas con cabezas de anxos. Dúas parellas de columnas acodilladas con capiteis monolíticos suxeitan as arquivoltas. Posúe tamén un tímpano semicircular liso.
Por riba da porta vemos un fermosos rosetón con pequeno prfirl triangular intermedio.
O conxunto remata cunha espadana de dous ocos e frontón triangular.

No entroido do ano 1892 a igrexa sufre un incndio queimando todo o seu interior.

A primeira referencia bibliográfica que fala desta igrexa aparece nun dos Tombos do mosteiro de Santa María de Monfero (http://patrimoniogalego.net/index.php/7932/2011/10/mosteiro-de-santa-maria-de-monfero/)


Fotogrametría:

Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/PADERNE/documents/26726ca002.PDF (Ficha 1-1 / Páxina 1)
http://www.romanicodigital.com/detalle-Pdf.aspx?archivo=San%20Pantale%C3%B3n%20Das%20Vi%C3%B1as&localidad=A%20CORU%C3%91A

Nuevo ábside para San Pantaleón das Viñas en 1799 (I)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.326656225387
Lonxitude: -8.1952975877307
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84