Outra fotografía:

Tipo de ben: Porto,
Concello: Muros
Parroquia: Serres ( San Xoán)
Lugar: Anido
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Antigo porto situado á beira do Camiño do Pardal, entre “O Pozo do Cachón” e “Casa Anido”. Consta dun espigón e de tres ramplas, construído todo o conxunto no ano 1812 polo Gremio de Mareantes da Vila que aínda daquela tiña gran poder. A súa construción: (di o informe emitido favorablemente polo Gremio, en consulta da Axudantía da Mariña sobre a conveniencia dos muíños neste punto), “de impedir que os cataláns formasen igual obra que a que agora se pretende, con almacén o pósito de froitos para extraer do país por este punto.” Certa compañía de cataláns, anos antes, pretendían introducirse ás agachadas para construír muíños nestes sitios, mentres os naturais querían facer un porto de abrigo para as súas lanchas, se o dito sitio non estivese destinado á dita compañía. Cuestión que fixeron presente ao capitán xeral, conseguindo a súa licencia a costa de 20.000 reais. Cando xa estaban as obras mediadas presentáronse os cataláns con iguais permisos para realizar a súa obra e esixindo a demolición do porto, topando coa oposición dos veciños. A cuestión da introdución dos cataláns na ría non se atopa exenta de polémica, pois como nos informa Ramón de Artaza: “…non contentándose coa posta en práctica dos seus nocivos aparellos (xávega), e ca usurpacion das mellores postas da ria, sospéitase que a extraordinaria carestía de froitos desde tempo (posterior a queima da Vila polas tropas Francesas no 1809) débese a codicia dos cataláns…”. Nos anos posteriores a desgracia abate os mariñeiros da Vila, provocando a expatriación de máis de 200 deles e a servilidade de outros moitos, así como a desaparición de corenta pataches. É neste punto onde veñen morrer as antigas “lanchas xeiteiras” como se mostra na segunda foto.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Artaza Malvárez, Ramón: Historia de Muros y su distrito 2ªedicion
Artaza Malvárez, Ramón: Recuerdos de Muros


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.786901541
Lonxitude: -9.06105995178
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84