Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: Castrelo de Miño
Parroquia: Astariz (Santa María)
Lugar: Freás
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro, Época Romana,
Descrición:
O Castro de Santa Lucía é un poboado fortificado de época galaico-romana, cunha ocupación que vai dende o século I ao VII d. C. O castro posúe unhas dimensións de 250 X 110 m. aproximadamente, e unha extensión de 2,75 hectareas. Na aba Sur do castro existe un foxo escavado.
As escavacións arqueolóxicas levadas a cabo ata o de agora nos amosan varias estruturas circulares e unha única estrutura habitacional datada no século I d.C., de sección circular feita en cachotaría, de 1,70 m de altura e 1,8 m de diámetro, na que se atopou unha moeda do emperador Claudio e unha fíbula anular.
As escavacións do verano de 2020 deron cuns muros duns 90 cm. de ancho e un enlousado de pedra xusto ao carón dun abrigo (http://patrimoniogalego.net/index.php/107481/2020/10/abrigo-de-santa-lucia/) que poideran ser a antiga capela de Santa Lucía.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: GA32022003
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Na primeira campaña arqueolóxica levada a cabo neste castro os arqueoólogos atoparon pesos de redes, cantos de cuarcita tallados procedentes das terrazas do Miño, moedas romanas de diferente cronoloxía e mesmo fragmentos de terra sigillata.
Outro elemento atopado é un un broche metálico destinado a suxeitar os extremos dunha vestimenta.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
PXOM DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO
(Aprobación inicial outubro 2009)
https://www.uvigo.gal/es/node/92362
http://megaliticia.blogspot.com/2017/02/castro-de-santa-lucia.html
http://onosopatrimonio.blogspot.com/2011/07/castros-de-galiza-ii.html
REBOREDA, ALBERTE. O castro de Santa Lucía de Astariz. Arqueoloxía con Denominación de Orixe. Faro da Cultura -Arqueoloxía. Faro de Vigo, 17 de novembro de 2016 (En liña: https://www.academia.edu/29970506/O_Castro_de_Santa_Luc%C3%ADa_de_Astariz_Castrelo_de_Mi%C3%B1o_?auto=download)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.317880646752Lonxitude: -8.0368753914727
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84