
Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Vilagarcía de Arousa
Parroquia: Sobrán (San Martiño de Fóra)
Lugar: A Lagoa - Rial
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O que hoxe podemos ver aquí é unha edificación moderna do 1984 na que se utilizaron as pedras do antigo pazo do Rial.
O actual pazo respectou a estrutura do orixinal: 2 andares, planta en forma de L con engadidos posteriores e cuberta a 3 augas. Posúe dúas torres amenadas. Nun dos lados da fachada principal podemos ver unha capela.
O antigo pazo do Rial se fundou no ano 1696 por Don Juan Antonio Mariño de Lobeira, último propietario do castelo de Lobeira (http://patrimoniogalego.net/index.php/25636/2012/09/castelo-de-lobeira/). Ainda que é posible que o antigo pazo fora construído sobre unha edificación anterior probablemente de época medieval, como o demostran uns signos lapidarios atopados nas pedras do actual edificio.
No interior da finca do pazo podemos ver tamén un cruceiro (http://patrimoniogalego.net/index.php/107735/2020/09/cruceiro-do-pazo-do-rial/), un horreo e un pombal.
O pazo do Rial está declarado Ben de Interese Cultural (BIC).
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Hosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Na fachada principal destacan 3 escudos nobiliarios coas armas dos Mariño de Lobeira, Valladares, os Avalle, os Sarmiento, os Ozores ou os Soutomaior.
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Dende o ano 1986 o pazo do Rial funciona como hotel.
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VILAGARCIADEAROUSA/documents/1009CA005.PDF (Páxina 20)
https://www.pazorial.es/index.php
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.577816168339Lonxitude: -8.7966997198804
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
Oscar Franco says:
Set 21, 2020
Escudo nobiliario 1.
Oscar Franco says:
Set 21, 2020
Escudo nobiliario 2.
Oscar Franco says:
Set 21, 2020
Escudo nobiliario 3.