Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Castrelo de Miño
Parroquia: Vide de Miño (San Salvador)
Lugar: Vide
Outra denominación do ben: Casa do Marqués
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

A casa do Casar é unha edificación de dous andares feita en cantaría e cachotaría granítica, con planta en forma de L e cuberta a tres augas.
Merece destacar unha das súas fachadas na que existe unha solaina cuberta sobre un conxunto de piares de construción rústica. Tamén unha gran cheminea rematada en acróteras.

Dentro da propiedade existen varios hórreos de madeira cos pes de cantaría, un con dous corpos e outro con tres.

Na contorna da casa existe tamén unha capela (http://patrimoniogalego.net/index.php/107821/2020/10/capela-da-casa-do-casar/) e unha pequena cruz (http://patrimoniogalego.net/index.php/107824/2020/10/cruz-da-casa-do-casar/).


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PXOM DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO
(Aprobación inicial outubro 2009)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.317023620676
Lonxitude: -8.0507857622214
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84