
Outra fotografía:

Tipo de ben: Ponte,
Concello: Cerdedo
Parroquia: Pedre (Santo Estevo)
Lugar: Pedre
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:
Ponte medieval de tres arcos que salva o río Lérez entre as aldeas de Pedre e Serrapio no concello de Cerdedo.
Aparte de atoparse nun fermoso marco natural ten dúas particularidades. A primeira é que na entrada da ponte atópase unha pedra labrada de forma cadrada, onde antigamente debería ir unha cruz, xa que parece que a ponte era utilizada como infraestrutura no camiño que percorrían os peregrinos ata Santiago.
A segunda é que no punto máis alto, no centro da ponte, atópase unha rocha gravada datada no ano 1937, na que se pode ver un debuxo da ponte e a súa cruz na entrada da mesma.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.532796845866955Lonxitude: -8.441523313522339
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
7 comentarios
elixiovieites says:
Dec 5, 2011
A Ponte de Pedre está inventariada en :
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/GALICIA/documents/PONPA002.pdf
(páxina 7 de 11). Un saúdo
Calros Solla says:
Mai 15, 2013
Coido de interese este artigo publicado en Faro de Vigo (14-5-2013):
http://ocio.farodevigo.es/agenda/noticias/nws-185776-capitan-gosende-ao-rescate-da-pontapedre.html
Oscar Franco says:
Out 16, 2018
Artigo do Colectivo Capitán Gosende denunciando o estado de abandono deste fermoso ben. (26 de agosto de 2018):
http://historiadegalicia.gal/2018/08/unha-ponte-que-fixo-o-pai-do-mestre-mateo-chea-de-lendas-e-tradicions-morre-comesta-polo-abandono/
Oscar Franco says:
Mar 15, 2021
A prensa dixital do 8 de marzo de 2021 anuncia unha limpeza e rehabilitación deste conxunto:
https://www.diariodepontevedra.es/articulo/comarca-de-pontevedra/cerdedo-cotobade-arreglara-potenciara-puentes-lerez/202103081301371130422.html
Oscar Franco says:
Nov 1, 2024
“As mociñas de Fornelos
moito se poden gabar;
pasan a Ponte de Pedre
para poder namorar”.
Texto recollido da seguinte referencia bibliográfica:
PORTELA PAZ, A e RODRÍGUEZ FRAIZ, A. (1987). As pontes do Lerez. Ed: Xunta de Galicia.
Oscar Franco says:
Dec 28, 2024
Artigo de Carlos Solla que fala desta ponte. Publicado na rede o 21 de decembro de 2024:
https://www.tabeirosmontes.com/novas/o-mestre-que-nos-aprendeu-as-letras-da-pontapedre
Oscar Franco says:
Mar 19, 2025
Novo artigo de Carlos Solla sobre o mal estado desta ponte. Publicado na prensa dixital do 16 de marzo de 2025:
https://www.tabeirosmontes.com/novas/a-restauracion-in-extremis-da-ponte-de-pedre