
Outra fotografía:

Tipo de ben: Ermida,
Concello: Santa Comba
Parroquia: Grixoa (San Xoán)
Lugar: Armán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Ermida de planta rectangular cun pórtico na fachada principal feita en cachotería e con cuberta a dúas augas con tella curva do país.
A fachada principal de traza sinxela, segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central, organízase de abaixo arriba, mediante unha porta de acceso rectangular alintelada. Sobre o ingreso uns azulexos coa inscrición: “SAN BLAS DE ARMAN”. Enriba desta un perpiaño irregular coa inscrición: “AÑO D 1714” e sobre esta unha pedra armeira timbrada de elmo adiestrado, adornado con penachos destacando nun dos seus cuarteis a familia dos Leis. Pegado ó vertice da fachada unha fornela e por riba dela unha cruz de pedra.
Ten a imaxe de San Brais no interior. Segundo os veciños, na súa orixe foi propiedade particular da casa da Torre de Bugallido (Negreira), propietaria de todo o lugar de Armán. Posterioremente foi cedida ós veciños polos seus donos. Recentemente leváronse a cabo reformas que afectaron á súa orixinal estética e concepción substituíndo a pedra do chan por plaqueta e a tribuna de madeira por formigón.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– http://www.santacomba.es/s4-guia-municipal/c14-aquitectura-popular-e-patrimonio-artistico/igrexas.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.018416163934Lonxitude: -8.9039351049119
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84