
Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...), Paisaxe histórica/cultural,
Concello: Cerceda
Parroquia: As Encrobas
Lugar: Alto de Anxelio. Monte Xalo
Outra denominación do ben: Maza da Facha. Mazafache. Pedra Fachada
Cronoloxía: Paleolítico,
Descrición:
A pedra, pelouro ou petón de Mazafacha é unha pedra granítica gris de grandes dimensións situada nos Montes do Xalo, no concello de Cerceda e ao carón da nova urbanización do Xalo, a unha altitude duns 480m.
A pedra está vencellada ao culto pagán de rituais e probablemente ás prediccións meteorolóxicas, xa que dende a súa estratéxica posición é posible albiscar toda a zona de vales e terras interiores da Mariña, as terras de Betanzos, Carral, Culleredo, Abegondo, Ordes e tamén o mar e as liñas de costas da Coruña; unha boa localización para notar toda a forza dos temporais invernais que azoutan dende a costa por todo o territorio. Espallados por todo o Monte Xalo é posible localizar numerosas petóns e pelouros de menores dimensións aos que se lles outorgan poderes máxicos, entre as que destacan tamén oa pedra Borboto da Vella, e que conforman un profundo imaxinario de culto ás pedras tan habitual e espallado por toda a xeografía galega.
Existen numerosos rituais e lendas asociadas á Mazafacha, recollidas en diversas publicacións, entre elas a que indica Francisco Tettammancy Gastón: “…No promedio desde monte atópase a pena da Mazafacha, e na súa cima pódese ver unha pedra, cun cadrado, e dentro desde somella que ademira labrada a serpe címrica ou fenicia…”. A meirande delas asócianse a que dende ela se repartían os ventos e a choiva para toda a comarca “…A pedra Mazafacha, no Xalo (Culleredo), reparte e aventa choiva…” (Ritos y creencias gallegas, Jesús Taboada, 1980); ou tamén que nelas se facían rituais de bruxería “…xa que nela dise que se reunían as meigas na noite de San Xoán para decidir o tempo que ía facer ó longo do ano nos vales de Cerceda, Veiga, ou aquí en Barcia…” (Santiago de Sumio, Lois Vilar Hermidas, 1998).
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– Dolores González de la Peña, “Mazafacha e Pedra Fachada”. https://arqueotoponimia.blogspot.com/2022/01/mazafacha-e-pedra-fachada.html
– Lois Vilar Hermidas, “O Monte Xalo. Patrimonio cultural e tradición oral dun monte máxico”. Undodez Produccións, 2025.
– Francisco Tettammancy Gastón, “O Monte Xalo e a Torre de Hércules”, (1919). Francisco Tettammancy Gastón.
https://books.google.es/books?id=IvTbNvCdKxUC&pg=PA215&dq=o+xalo+culleredo&hl=es&sa=X&ved=2ahUKEwiMj5CAxOb1AhUBtRoKHfSPD1IQ6AF6BAgLEAI#v=onepage&q&f=false
– Geografía general del reino de Galicia, (1928). v. 2-3. Provincia de La Coruña / por Eugenio Carré Aldao.
– Ritos y creencias gallegas, (1980). Jesús Taboada.
– La revolución gallega de 1846, (1909). Francisco Tettamancy Gastón.
– Santiago de Sumio (1998). Lois Vilar Hermidas. http://www.carral.es/wp-content/uploads/2016/01/Sumio.pdf
– https://www.crtvg.es/rg/destacados/a-tarde-a-tarde-do-dia-10-07-2020-4484750
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.221737009304Lonxitude: -8.4127163887024
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





7 comentarios
pablo fernández ans says:
Feb 16, 2022
Referencia no libro de Francisco Tettamancy Gastón, “O Monte Xalo e a Torre de Hércules”, (1919)
pablo fernández ans says:
Abr 2, 2023
Referencia no libro Geografía General del Reino de Galicia, volume 5, 1980, Ediciones Gallegas (páx.743): “…Es el monte do Xalo (Jail, gaol(?), prisión o Haiiow (?), consagrar)…”
pablo fernández ans says:
Abr 3, 2023
Cartel informativo con referencia e ubicación doutras penas nos Montes do Xalo. As coordenadas de localización do cartel son: (43.225746,-8.439320).
pablo fernández ans says:
Abr 3, 2023
Cartel informativo con referencia e ubicación doutras penas nos Montes do Xalo. As coordenadas de localización do cartel son: (43.244656,-8.432567).
pablo fernández ans says:
Abr 12, 2023
Nesta web pódense descargar planos e documentos de Deslindes do Monte Xalo no que aparecen localizadas algunhas das pedras: https://montecomunalxalo.wordpress.com/2012/01/21/boceto-monte-comunal-xalo-celas/
Carlos says:
Set 3, 2025
Estan mal varios datos, Está situada no concello de Cerceda, no lugar de Xalo parroquia de As Encrobas.
Ademais esta en propiedade Privada.
Oscar Franco says:
Set 8, 2025
A prensa dixital de inicios do mes de setembro de 2025 denuncia pintadas neste ben:
https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/cerceda/2025/09/05/denuncian-pintadas-vandalicas-pedra-mazafacha-cerceda/0003_202509C5C2992.htm
https://www.diariodesantiago.es/sucesos/vecinos-denuncian-pintadas-vandalicas-en-monte-xalo-cerceda/
https://www.diariodebergantinos.com/articulo/bergantinos/indignacion-vecinal-pintadas-historica-piedra-mazafacha-cerceda-5416575