Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Pantón
Parroquia: San Fiz de Cangas (San Fiz)
Lugar: San Fiz
Outra denominación do ben: Igrexa de San Fiz
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:

Algunha información apunta a súa existencia desde a época visigoda. De estraño aspecto e con anexos que o complicaron aínda máis. A obra orixinal xa contaba con unha nave principal, cruzada por unha transversal que se abría a tres ábsidas, os laterais moi pequenos e rectangulares, o central cun tramo recto e rematado nun semicírculo que por fóra é un pentágono. A nave transversal cóbrese con crucería gótica. Chama a atención a sinxela fachada occidental rematada en espadana.Ten porta con arquivolta apuntada e dentada que descansa en dúas mochetas de labra basta como o tímpano que a enmarca. Os motivos representados son o Sol , a Lúa, unha cruz grega, unha estrela de oito puntas e uns rectángulos concéntricos. No século XVIII a igrexa sufriu reformas que poida que alteraran a fachada sur do templo, quizá máis rica en decoración. A igrexa pódese visitar pedindo vez na oficina de turismo do Concello de Pantón.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4869095212037
Lonxitude: -7.641077041625977
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84