
Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Vigo
Parroquia: Bouzas (San Miguel)
Lugar: Rúa Ferreiros
Outra denominación do ben: Capela de Araujo
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Edificación relixiosa do século XVII, con posteriores reformas levadas a cabo no ano 1861.
Feita en cantaría granítica, posúe planta rectangular e cuberta a dúas augas.
A fachada principal presenta pilastras laterais. O aceso se realiza por medio duna porta con molduras acodadas; por riba dela unha xanela de forma semicircular e un tímpano sen decoración. O conxunto remata cunha pequena espadana dun so oco.
O interior da edificación, cuberto con bóveda de medio canón, alberga un retablo maior coas imaxes de Santa Rita e San Xoan Bautista.
Un dos perpiaños graníticos do interior da capela posúe unha inscrición que reza o seguinte:
“Val val mi S.P. mi S.M.” (Valme, valme mi Santa Patrona, mi Stella Maris).
Esta inscrición aparece no escudo de armas de D. Diego De Lira y Castro, capitan e dono desta capela e do pazo anexo no final do século XVII.
Esta capela se atopa anexa ao Pazo de Lira (http://patrimoniogalego.net/index.php/108812/2021/03/pazo-de-lira-2/).
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
https://descubrecadadia.blogspot.com/2017/09/casa-de-lira-capilla-del-carmen-bouzas.html
BIBLIOGRAFÍA
GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, Juan Miguel (1997). Inventario histórico das ermidas de Vigo e do Val do Fragoso. Séculos XVI – XIX. Colección Datos 8. Concellería de Patrimonio Histórico. Concello de Vigo
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.224049161092Lonxitude: -8.7546576402456
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!




