Outra fotografía:
Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Redondela
Parroquia: Redondela (Santiago)
Lugar: Redondela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Monolito granítico situado na balaustrada da ponte que cruza o río Maceiras, en Redondela.
Segundo podemos ler no fantástico blogue Anecdotario Redondelán, “este monolito, xunto con outro que existe no concello “eran coñecidos popularmente como “A Marca do Rei” e dise que foron erixidas para conmemorar unha visita real.
O único que sabiamos ata o de agora é que cando menos foi construída no s. XIX, xa que aparece nunha acuarela do pintor G. Vivian, publicada en 1838 na súa obra “Spanish Scenery”, e que sería realizada entre 1831 e 1837. Neste cadro pódese apreciar que a ponte contaba co arco actual e con polo menos outros dous máis próximos ao centro da Praza Ponteareas. Tendo en conta que ata hai pouco existiu unha fervenza e unha pequena charca no monte que hai tras a praza podemos supor que baixo estes arcos pasaría a auga nacida neses montes. Por referencias orais sabemos que a mediados do s. XX existían dous arcos, o actual baixo o que discorre o río Maceiras e outro polo que pasaba a auga procedente do muíño Arañol. Un destes arcos sería tapado por José Otero González “Mañas” nos anos 50, durante as obras de reedificación do convento, no espazo no que os seus herdeiros construirían a nave que aínda hoxe (2021) se pode ver acaroada ao Convento de Vilavella, quedando a ponte co seu aspecto actual.
A “Marca do Rei posúe varias inscricións de difícil lectura pola súa erosión e tamén polo seu riscado:
“REYNANDO
EL SEÑOR”
“ANO DE MDCCCVII”
Este monolito garda relación con outro que podemos ver no lugar de A Pantalla (http://patrimoniogalego.net/index.php/110678/2021/07/monolito-de-a-pantalla/) e que funcionaba como leguario do Camiño Real. Este camiño foi mandado construir dende a vila de Padrón a Redondela, en 1793, polo Arzobispo de Santiago, Sebastián Malvar y Pinta.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
https://anecdotarioredondela.blogspot.com/2019/02/a-marca-do-rei-vilavella-redondela.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.278546302668Lonxitude: -8.6115182075521
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84