
Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Tourón (Santa María)
Lugar: Contixe
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Edificación relixiosa de finais do século XVIII feita sobre outra anterior a base de perpiaño granitico, de planta rectangular e cuberta a dúas augas.
Na fachada principal podemos ver unha porta de aceso con arco de medio punto dovelada. Na dovela superior vemos unha data inscrita: “1160”
O conxunto remata cunha longa espadana dun so oco con tímpano e cruz de remate.
Na fachada principal podemos ver tamen unha inscrición que fai referencia ao esmoleiro:
“LIMOSNA PARA LA VIRGEN
DE LOS REMEDIOS 1870”
No adro da capela existe tamén un cruceiro (http://patrimoniogalego.net/index.php/109845/2021/04/cruceiro-da-capela-de-san-miguel-de-contixe/).
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
O interior alberga un retablo que é copia do orixinal do século XVIII. Posúe as imaxes de San Miguel co Neno e a Virxe dos Remedios.
Tradición oral:
“A imaxe de San Miguel é avogoso para saca-los demos do corpo. O rito que se segue é dar nove voltas ó redor da capela, sen falar, cando as campás tocan ó mediodía”
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACE WEB
http://www.pontecaldelas.org/patrimonio/esp-capelatouron.html
BIBLIOGRAFÍA
SÁNCHEZ CORA, Teresa e MARTÍNEZ PLASENCIA, Mercedes. “Cruceiros, cruces e petos do concello de PonteCaldelas”. Edita: Concello de Ponte Caldelas. 1990.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.416394952651Lonxitude: -8.5573708395435
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Abr 26, 2021
Esmoleiro na fachada principal.