
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Ponte Caldelas
Parroquia: Tourón (Santa María)
Lugar: Mirón
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Crcuceiro que semella de recente factura situado nun cruce de camiños, e que nace sobre dous chanzos de sección cadrada. A súa base cúbica de arestas rebaixadas posúe relevos con forma de concha nas catro caras.
A continuación o varal, que comeza en sección cadrada e segue co as arestas rebaixadas. Na súa parte media podemos ver a imaxe de Santiago con caxato e sobre una peaña.
O capitel cadrado con motivos vexetais da paso a unha cruz de sección cilíndrica e de textura leñosa na que aparece a imaxe de Cristo crucificdo baixo cartela de INRI.
Próximo ao cruceiro podemos ver o peto de ánimas de Santo Antón Abade (http://patrimoniogalego.net/index.php/109854/2021/04/peto-de-animas-de-santo-anton-abade/).
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.423875658256Lonxitude: -8.5449623843347
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84