Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Salceda de Caselas
Parroquia: Parderrubias (San Tomé)
Lugar: A Portela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:
Edificación relixiosa que se comezou a construír no ano 1815 e se rematou no ano 1824 baixo os planos do arquitecto tudense Domingo Antonio Novás y Lemos. Feita a base de cantaría granítica, de planta rectangular (coa cuberta a úas augas) agás na ábsida que é cadrada coa cuberta a catro augas. Posúe sancristía adosada ao muro Norte.
A fachada principal, con pilastras laterais, posúe porta de aceso con arco semicircular e pilastras.
Por rba dela unha fornela con arco de medio punto decorada con cuncha de vieira. Nela podemos ver unha imaxe pétrea.
A continuación unha pequena fiestra de sección rectangular.
O conxunto remata cunha cruz pétrea no cume e pináculos nos extremos.
Nun dos laterais vemos a torre campanario, de planta cadrada.
No interior existen varios retablos feitos no ano 1767 por Juan Antonio Martínez. O do altar maior adicado ao patrón da parroquia, e os laterais adicados á Virxe das Dores e ao Rosario.
Esta igrexa veu a substituir a outra anterior que se situaba no lugar de Fontán, onde a día de hoxe aínda é posible ver os restos constructivos.
Ao carón da igrexa, no torreiro da festa, podemos ver o peto de ánimas e cruz alta de Santo Tomé de Parderrubias (http://patrimoniogalego.net/index.php/49571/2013/09/peto-de-animas-e-cruz-alta-de-santo-tome-de-parderrubias/)
Fotogrametría:
Propiedade: PúblicaPrivada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
PXOM SALCEDA DE CASELAS ano 2015 (Ficha A-R-006 – Páxina 81)
BIBLOGRAFÍA
IGLESIAS ALMEIDA, E. (1989). Arte y artistas en la antigua Diócesis de Tui.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.099373940436Lonxitude: -8.5737910283549
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84