Outra fotografía:
Tipo de ben: Castelo,
Concello: Betanzos (comarca) / Oza dos Ríos
Parroquia: Rodeiro (Santa María)
Lugar: Castelo de Arriba
Outra denominación do ben: Castrum Feacium
Cronoloxía: Época Altomedieval,
Descrición:
Enclave ao que recentemente se atribúe ser a Torre de Teodomiro, inda por verificar por unha escavación arqueolóxica ou, a lo menos, facer unha limpeza da maleza o lugar.
Mediante imaxes de radiografía do terreo (LIDAR) se aprecia a contorna dunha muralla elipsoidal e os alicerces dunha estrutura central.
Fotogrametría:
Propiedade: Comunal
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta: BIC.000.395
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Segundo o Cronicón de Walfrido, o rei suevo Teodomiro encargou súa construción no Monte Cato, a redor do ano 550, e situábase fronte ao camiño que ligaba Betanzos con Curtis, Sobrado ou Lugo, isto é, nun contexto viario estratéxico.
Inda que foi declarado como Ben de Interese Cultural (BIC) en 1994 e incluído no Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Aranga de 2013 non hai información ao respecto é a súa localización é incerta.
Non foi ata o ano 2018, en que Francisco Pato Fandiño, atribue a súa localización no veciño lugar de Cruz do Campo Xaneiro.
Nembargantes, o arqueologo Antón Malde facendo uso de imaxes de radiografía do terreo é seguindo a toponimia que atopou fortes indicios dunha fortificación no lugar, que neste artigo se refire, no veciño concello de Oza dos Ríos e ao que se atribúe ser a Torre de Teodomiro.
Ao mesmo tempo, as empresas Greenalia e Galernegy, que pretenden instalar até 40 muíños eólicos na mesma zona do castelo alto medieval, alén de omitir a existencia dunhas mámoas no seu estudo arqueolóxico, tampouco facían referencia ó BIC. Perante esta situación, o BNG reclamou no Parlamento protección para a fortificación, así como medidas concretas para a súa conservación e posta en valor.
Referencias bibliográficas:
● “Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia” Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Xunta de Galicia. Dispoñible en (localizado en Concello de Aranga como ben inmoble):
http://inventariopatrimoniocultural.xunta.es/
● Plan Xeral de Ordenación Municipal Concello de Aranga. Catálogo de Patrimonio, Catálogo de Arquitectura. Casas Rectorais-Arquitectura Señorial- Fortificacións-Pontes” Ficha 5-1. DOGA 2013-12-26 (Consultado o 23/05/2021). Dispoñible en liña en:
http://planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/ARANGA/documents/27849ca004.PDF
● Francisco Pato Fandiño “Historia documentada de Santa María de Ois”. Deputación da Coruña, 2018. Páxina 18, Dispoñible en liña en (consultado o 23/05/2021):
http://fillosdeois.org/hdocois.pdf
● “Xunta e Greenalia, abertos a cambios nos parques eólicos do Monte do Gato ao darse cunha fortaleza” Europa Press. SANTIAGO DE COMPOSTELA, 6/05/2021 (Consultado o 23/05/2021). Dispoñible en:
https://www.europapress.es/galego/noticia-xunta-greenalia-abertos-cambios-nos-parques-eolicos-do-monte-do-gato-ao-darse-cunha-fortaleza-20210506182849.html
● Antares Pérez “Un arqueólogo localiza “fuertes indicios” de un castillo de la Alta Edad Media en Monte do Gato” La Opinión. A Coruña, 06/05/21 (Consultado o 23/05/2021) Dispoñible en liña en:
https://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2021/05/06/arqueologo-localiza-fuertes-indicios-castillo-51395103.html
● Mila Méndez “Listo el informe técnico para buscar en Monte do Gato la torre de Teodomiro” La Voz de Galicia, A Coruña. 23/05/2021 (consultado o 23/05/2021) Dispoñible en liña en:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2021/05/23/listo-informe-tecnico-buscar-monte-do-gato-torre-teodomiro/0003_202105H23C10994.htm
● David Barreira “Identificado un castillo del gran rey suevo Teodomiro en A Coruña: en riesgo por un proyecto eólico”. El Español, 28/07/2021 (consultado o 28/07/2021). Dispoñible en:
https://www.elespanol.com/cultura/historia/20210728/identificado-castillo-teodomiro-coruna-riesgo-proyecto-eolico/599691478_0.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.199692947863Lonxitude: -8.1198925466449
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
9 comentarios
one2 says:
Mai 25, 2021
Francisco Pato Fandiño era o que dicía que podía estar na Cruz do Campo Xaneiro. Foi Antom Malde o que localizou este ben.
Francisco says:
Xuñ 3, 2021
Para ONE2:
Sin ánimo de generar polémica, Yo digo en mi libro que podía estar en la “Cruz do Campo Xaneiro”. Voy a intentar explicar el porqué de esa posible ubicación; yo no soy arqueólogosolo sino investigador y no tengo los medios técnicos del arqueólogo D. Antón Malde. Basándome en la época en que parece ser que se construyó, año 550 y basándome también en la observación directa del terreno, creo que la ubicación correcta para hacer una fortificación o castillo, sería en el lugar más alto e inexpugnable por el Este, es decir el valle de Fervenzas,lugar natural de entrada a las Mariñas. Cabe destacar también que en la zona de Cesuras habría otra fortificación igual llamada “Castrum Coesaris”, serviriá para proteger el valle del río Mendo.
Pablo Eirín says:
Xuñ 3, 2021
Grazas polas vosas aportacións. Correxín os erros na redacción do texto e menciono as dúas teorías. Debo dicir que tratei de achegarme personalmente a inspeccionar o terreo pero non é doado achegarse. Máis adiante, tentarei de voltar e de votar unha ollada ao lugar de Cruz do Campo Xaneiro.
Francisco says:
Xuñ 3, 2021
Muchas gracias.
Estoy a su disposición para visitar la zona.
Pablo Eirín says:
Xuñ 13, 2021
Estaría encantado de ir con vostede e visitar a zona, pero ando un chisco atarefado nestas semás. Pero imos ver si para principios do vindeiro mes.
Oscar Franco says:
Xuñ 10, 2021
A prensa dixital do 9 de xuño de 2021 recolle a nova da autorización dos traballos de prospeción e estudo para localizar os restos da Torre de Teodomiro:
https://gcdiario.com/cultura/205278-cultura-autoriza-los-trabajos-para-localizar-los-restos-de-la-torre-de-teodomiro-en-monte-do-gato/
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2021/06/09/luz-verde-prospeccion-monte-do-gato-localizar-torre-teodomiro-aranga/00031623237960613182894.htm
https://www.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/2947806/cultura-autoriza-trabajos-localizar-restos-torre-teodomiro-monte-do-gato
Pablo Eirín says:
Xuñ 13, 2021
Un dos artigos que mencionas xa estaba engadido na bibliografía. En canto aos outros dous, si te fixas, é a misma nota de prensa publicada en dous medios distintos. Con mencionar una, a que máis rabie che dea, é suficiente.
Oscar Franco says:
Xul 5, 2021
O arqueólogo de Monte do Gato confirma a existencia dunha fortificación altomedieval. Así o recolle a prensa dixital do 3 de xullo de 2021:
https://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2021/07/03/arqueologo-monte-do-gato-confirma-54622684.html
Pablo Eirín says:
Xul 28, 2021
Parece que se confirma a existencia dun parapeto de pedra no lugar:
https://www.elespanol.com/cultura/historia/20210728/identificado-castillo-teodomiro-coruna-riesgo-proyecto-eolico/599691478_0.html