Outra fotografía:

Tipo de ben: Institucións culturais (museos, arquivos, centros educativos...), Institucións privadas (sés de empresas, centros sociais...),
Concello: Salceda de Caselas
Parroquia: Entenza (Santos Xusto e Pastor)
Lugar: O Barreiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Edificación do ano 1932 feita en cantaría granítica, de planta rectangular con dous andares e cuberta a catro augas. Sufríu diferentes modificacións.
A súa fachada principal enfoscada e pintada presenta unha construción simétrica cunha porta de aceso con tímpano e arco dovelado. Nos laterais vemos xanelas enmarcadas. Unha cornixa separa os andares. No primeiro andar destaca unha balconada con varanda metálica.
A fachada remata cun édiculo de liñas curvas, cóncavas e convexas, feito en pedra granítica que
lle dan un certo dinamismo.
Acaba nun frontispicio rectangular que remata nun semicírculo.

Na fachada principal existe unha colección de diferentes placas conmemorativas. A máis antiga fai referencia aos promotores do edificio, e di o seguinte:
«ESTA CASA HECHA EN 1932
ES PROPIEDAD DE LA SOCIEDAD
“HIJOS DE ENTIENZA”
DE LA QUE FUE INICIADOR
FUNDADOR Y PROPULSOR
D. MANUEL PÉREZ GÁNDARA».

A escola foi inaugurada en 1932 e tiña dúas aulas para os nenos e nenas da parroquia, situadas na planta baixa, a ambos os lados do vestíbulo de acceso. Había unhas escaleiras para acceder ao primeiro andar, onde estaban as dúas vivendas dos/as mestres/as.

A Sociedad de Fomento y Educación Hijos de Entienza foi fundada na cidade de Bos Aires (Arxentina) o 1 de febreiro de 1920 por un grupo de emigrantes naturais da parroquia.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: EquipamentoOutros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PXOM CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS. Ano 2015 (Ficha A-C-024 – Páxina 55)
http://mapas.consellodacultura.gal/escolas/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.078267992219
Lonxitude: -8.5566787006041
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84